4 abr 2024

CONCURSO DÍA DO LIBRO

 


Anímate a participar no concurso do Día do Libro que organiza a Biblioteca do Instituto. 

Será divertido converterte en protagonista da portada do teu libro favorito!

Tes de prazo ata o día 22 de abril. Non deixes pasar o día!

21 mar 2024

DÍA MUNDIAL DA POESÍA


 Todos os días son bos para ler poesía, pero hoxe máis ca nunca.

       Un verso nunca vale
       o que vale o chío dun paxaro,
       nin ten a forza dun río
       ou o poder arrepiante dunha bala.
       Pero eu sigo fidel, encadeado
       á música amorosa das palabras.

                          Manuel María, Remol (1970)

9 mar 2024

DÍA DA MULLER



O IES Arcebispo Xelmírez II, dentro do programa de actividades de marzo, quere visibilizar e revalorizar o traballo das nosas mulleres. O equipo de biblioteca agradece a todas a súa colaboración no noso mural.

23 feb 2024

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


Os versos de Rosalía enchen os corredores do centro. Búscaos! Sorprenderanche as versións musicadas dos seus poemas.

2 feb 2024

ANDREA MACEIRAS

Hoxe 2 de febreiro, celebración da  Candeloria, día que casan os paxariños e que a metade do inverno vai fóra, tivemos a sorte de compartir tempo coa escritora Andrea Maceiras.

Moitas grazas por adicarnos estas sesións para afondar máis sobre O que sei do silencio, Andrea! Foi un verdadeiro pracer!











19 ene 2024

XOGOS NA BIBLIOTECA



 Volveron os xogos de mesa os venres á Biblioteca Xelmírez II. Apúntaste?






19 dic 2023

BO NADAL!


 Moitas grazas ao alumnado que colaborou na elaboración das estrelas e das letras!